I never feel magic unless I'm with you

15 mayo, 2010

Cans 2010


Xa teño a miña entrada para o Festival de Cans de este ano. E iso é importante, por que xa non quedan, despois de esgotarse onte, as 450 que quedaban á venta. Este festival é unha cita ineludible cada ano, ainda que por unha cousa ou outra, vai ser unicamente a miña terceira vez vendo os cortos. O ano pasado xa falei deste festival, que, ano a ano, vai collendo mais forza, e ampliando as súas actividades. Este ano, ademais, dos cortos nos jalpóns, e de as actuacións musicais do venres e sabado noite, este ano a cargo de Coque Malla e de Luis Tosar e o seu grupo, tamén creo que vaise a habilitar un galpón para algún concerto de pequenos grupos da zona. Ademais, no habitual concurso de videoclips do xoves noite, este ano vai a estar Florent, dos Planetas, pinchando. Pero aparte de todo esto, o que mola de Cans é o gran ambiente que hai sempre, entre famoseo galego, e xente que vai a pasalo ben, pasando dos cortos. E aproveitando as famosas cañas a un euro de todolos anos. Para maios información, visitar a páxina web do festival, donde hai de todo, e mais. E agora que acabo, non sei por que me saiu actualizar en galego, será por que estiven vendo a páxina de Cans, pero bueno, agora queda asi, xa que ademais, o luns é o dia das letras galegas.

----------------
Sonando: Nada Surf - Enjoy The Silence (Depeche Mode)

2 comentarios:

  1. Quitando algún erro ortográfico e gramatical, a túa opinión quedou bastante ben acadada!
    Diego from hannover

    ResponderEliminar
  2. pues de verdad que merece bien la pena, además los tios son divertidillos, q con el rollo de q eran de la meseta no me tenian mucha pinta! jeje

    ResponderEliminar